Carrera 10km Cidade Universitaria - Voluntarios
Luns 01 de Marzo de 2010 19:20
Nos ha comunicado la Universidad de Vigo la necesidad de contar con nuestro apoyo. Las personas que puedan colaborar comunicarlo a entrenadores y capitanes. Transcribimos la carta:
"O vindeiro 21 de marzo celebraremos unha nova edición da Carreira 10Km Cidade Universitaria. Esta carreira non sería o que é sen a colaboración dos nosos equipos federados, polo que novamente reclamamos a vosa solidariedade.
As funcións a desenvolver son sinxelas: secretaría, seguridade, preparación circuito, ...
Este ano, para agradecer o traballo desinteresado, todo aquel membro dun equipo federado da Universidade de Vigo que colabore desinteresadamente na organización desta proba recibirá un dobre agasallo:
-Un chuvasqueiro
-Un día de desfrute nun Ecoparque de Aventura (o primeiro de Galicia) que abrirá as súas portas nos próximos días en Marín e que conta con tirolinas, rocódromos, pontes colgantes, ... Unha auténtica experiencia.
Por favor, sería moi importante que contaramos co maior número de interesados en colaborar.
Para canalizar aos inscritos vos agradecería que me remitirades un mail con todos os interesados. Por favor, que non me remitan un mail directamente eles, senón vós. Os datos que preciso son: nome completo, dni, teléfono móbil e mail."




.png)



.gif)
.jpg)





